actividade institucional
actividades (reunións, visitas, entrevistas e outras) institucionais do CES e/ou dos órganos de dirección
08/06/2021
Demandan que o dereito dos galegos a usar a lingua propia non é "real e efectivo" na vida económica O Consello Económico e Social de Galicia considera que a normativa vixente "non ten un desenvolvemento concreto" por parte da administración pública e dema
O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia vén de aprobar na súa última sesión unha declaración institucional de apoio ao emprego da lingua galega en todos os ámbitos da vida social e económica. O Consello, segundo indica, entende que a presenza da lingua propia en todos os ámbitos da vida social (incluida a económica) é unha característica común dos países desenvolvidos. Así, consideran que se debe "dar maior contido legal e formal ao dereito xa recoñecido dos galegos e galegas a usaren a lingua propia de Galicia nas relacións que manteñen entre e coas empresas como clientes e clientas, consumidores e consumidoras, e usuarios e usuarias".
Mostrador de atención ao público na 'lonxa' do Concello de Vigo, con medidas de prevención debido ao coronavirus.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
Mostrador de atención ao público na 'lonxa' do Concello de Vigo, con medidas de prevención debido ao coronavirus.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
O Consello Económico e Social considera nesta declaración institucional que os poderes públicos galegos teñen a obriga legal de garantir o dereito a usar o galego e "combater a falsa naturalidade do tratamento do galego como lingua menor no seu propio territorio". Por iso, afirman, deberán "promulgar medidas legais para a igualdade real e efectiva da nosa lingua". Ademais de contribuir de xeito activo desde a administración pública e todo o sector público galego á eliminación de prexuízos mediante campañas de concienciación cidadá e educativas, mais "sobre todo asegurando a presenza da nosa lingua e dando exemplo ao contratar con empresas que, á súa vez, garantan o exercicio do dereito elemental de empregar a lingua propia no propio país".
As organizacións presentes no CES consideran que a promoción, impulso e potenciación do galego, debe ser permanente, continua e decidida en todos os seus ámbitos de actuación, especialmente no apartado institucional. Así, denuncian que aínda que a normativa vixente , galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias recolle o dereito á atención oral e escrita en galego, esta regulación non ten un desenvolvemento concreto, polo que en moitos ámbitos da vida cotiá de Galicia resulta dificil acceder aos diferentes servizos empregando a lingua propia.
08/06/2021
El CES pide que se impulse un "mayor contenido legal y formal" para garantizar el derecho a usar la lengua gallega
El Consello Económico e Social de Galicia ha impulsado una declaración institucional en defensa de la lengua gallega en la que reclama que se dote de un "mayor contenido legal y social" al derecho ya reconocido de los ciudadanos del territorio a usar el idioma propio.
Específicamente, la institución considera que se deben dar pasos en este sentido para garantizar la relación con las empresas, tanto como clientes, consumidores y usuarios, que permitan "garantizar materialmente, en la práctica, el ejercicio pleno de ese derecho" y recibir en la misma lengua todo tipo de información, tanto en su señalización como en la atención oral y escrita.
Para ello, el CES recuerda lo dispuesto tanto en la Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minorizadas, la Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos o el Plan Xeral de Normalización y Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Socioeconómico del año 2016.
"Los poderes públicos gallegos tienen la obligación legal de garantizar el derecho a usar el gallego y, así, combatir la falsa naturalidad del tratamiento del gallego como lengua menor en su propio territorio. Por eso, deberán promulgar medidas legales para la igualdad real y efectiva de nuestra lengua", añaden.
La entidad apela a la Lei 1/2010, del 11 de febrero, o de la 2/2012 del 28 de marzo para la protección general de los consumidores, que a pesar de reconocer el derecho a la atención oral y escrita en gallego carece de desarrollo concreto.
Esta "ausencia" de un desarrollo que fije un contenido mínimo de los derechos lingüísticos en las relaciones comerciales, considera el CES, "provoca situaciones de vulnerabilidad e indefensión" en el uso del gallego en estos ámbitos y que afecta tanto al empresariado como a los consumidores.
Así, la opción lingüística "queda relegada" a pesar de que la lengua gallega es el idioma "propio" del territorio y disfruta de un estatus de cooficialidad.
16/05/2021
O ritmo da dixitalización e as súas consecuencias sobre a calidade democrática, emprego e empresas
O Consello Económico e So- cial de Galicia presentará en 2021 un estudo sobre un dos factores de inno- vación que máis afectará ás nosas vi- das ao longo da próxima década: o ritmo da dixitalización en distintos ámbitos e as súas consecuencias so- bre a calidade democrática, a com- petitividade das empresas, o empre- go, as relacións laborais, etcétera. Como en tantas outras iniciativas do CES, as perspectivas sobre esta temática son moi diversas entre os
colectivos que o forman.
O documento final que poñerá negro sobre branco qué diagnoses e pro- postas comparten, terá un grande valor, polo tanto, na medida en que logre aliñar intereses e xerar unha visión consensuada por sindicatos, empresarios, consumidores, univer- sidades e outros colectivos involucra- dos no CES. Os retos para levar adi- ante este acordo, naturalmente, non son poucos.
A dixitalización está aquí para que- darse, pero o ritmo pode ser máis ou menos intenso, e o alcance pode ser máis ou menos ambicioso.
Hai quen percibe na dixitalización un factor de competitividade esen- cial para as nosas empresas, men- tres que hai tamén quen o percibe como un perigo para a xeración de emprego. Hai quen o interpreta como un pilar na expansión da liberdade, o coñecemento e a comunicación, mentres que outros enfatizan a súa vertente adictiva, aislacionista e mes- mo polarizante no ámbito político. Para uns a dixitalización permitirá abordar moitos problemas da hu- manidade na sociedade actual (aten- ción médica ou educación na casa, urbanismo e deseño de fluxos nas ci- dades, cambio climático...), mentres que para outros acabará xerándose un mundo distópico caracterizado pola homoxeneización de hábitos e comportamentos con tendencia a uniformizar as distintas culturas. Probablemente antes da primeira revolución industrial non sucedía o mesmo, pero dende entón todas as xeracións se sentiron protagonistas
dalgún cambio revolucionario que afectaba á súa maneira de producir e consumir, á súa maneira de vivir. Particularmente a partir da invención en 1947 do transistor, ese dispositivo electrónico a partir do cal se iniciou a era das tecnoloxías da comunicación e a información, o cambio tecnolóxi- co foi máis intenso e rápido que nun- ca, provocando crecentes doses de incerteza na vida dos cidadáns que en moitos casos se transforma en vértigo sobre o futuro.
O certo é que a vida dun cidadán en Galicia en 1947 se parecía moito á dos seus antepasados nos séculos XVII ou XVIII; sen embargo, só unhas décadas despois, a súa vida apenas mantiña ningunha similitude coa dalguén de nós no ano 2000, cando xa escribía- mos emails, navegábamos por inter- net e falababamos por teléfono movil. A transformación dixital vai provo- car un cambio do mesmo calibre nas nosas vidas en moito menos tempo.
RUMBO Á SOCIEDADE 5.0
A sociedade 5.0 de 2030 depende das nosas decisións hoxe. Debemos as- pirar a unha sociedade centrada no ser humano que, mediante a fusión do ciberespazo e o espazo físico, logre equilibrar o avance económico coa resolución dos problemas que arras- tramos dende hai tempo.
En román paladino, non se trata só de ter unha máquina de aire acondicio- nado na casa que, alén da simple tem- peratura ambiental, modelice mel- lor os parámetros que deben influír na súa decisión de quentar ou enfri- ar (superficie das estancias, dispos- ición dos mobles, número de persoas presentes, propiedades aillantes da construción...). Nin sequera se trata de que esa máquina poida aprender autonomamente para incluír novos parámetros que quizais non foran in- cluídos polo fabricante.
Trátase de estender a sensorización e a análise de datos a todos os ámbi- tos da convivencia, como a xestión da enerxía, a organización dos tráficos, a organización dos servizos públicos... e sobre todo, por riba de todo, trátase de integrar todos eses sistemas nun
Transformación digital.
único ciberespazo capaz de equili- brar os intereses individuais e colec- tivos (por exemplo, confort familiar na casa coa temperatura vs. emisións á atmósfera).
NOVOS MODELOS DE NEGOCIO
As mudanzas van ser significativas, e a nosa apertura cognitiva ao cambio tecnolóxico vai condicionar a nosa capacidade de adaptación.
Nas nosas empresas terán que mudar os modelos de negocio e as propias estratexias sindicais. Os gobernos terán que deseñar os mecanismos que garantan unha distribución dos incrementos de produtividade que evite desigualdades intolerables.
E a sociedade poñerá a proba os seus valores: hoxe xa existen camas in- telixentes e exoesqueletos nas resi- dencias de anciáns xaponesas, pero tamén existen androides parlantes liderando xogos nesas residencias e mascotas robóticas entretendo aos
anciáns. Os modelos de convivencia van mudar, e convén pensar sobre eles canto antes. Non existe ningún determinismo tecnolóxico.
Vexo persoalmente moi inxenuas as perspectivas que tan só son capac- es de maravillarse ante as posibili- dades da dixitalización sen pensar nos pozos de incerteza que se abren. Tamén me resulta evidente que o negocio do populismo actual, que se estende perigosamente nos países desenvolvidos, consiste fundamen- talmente en difundir o medo na so- ciedade.
Deberíamos de fuxir de ambos ex- tremos. Se o equilibrio e a pruden- cia son importantes en calquera ámbito da vida, o debate sobre a dixitalización que se abre no CES -precisamente porque se sustenta explicitamente nesas diferentes per- spectivas- ofrecerá unha luz diáfana sobre as diagnoses e as propostas que poderíamos compartir.
06/05/2021
O presidente do CES fala na COPE da xornada sobre digitalización
Entrevista ao presidente do CES na COPE da xornada sobre digitalización
https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/audios/podcast-las-jornadas-digitalizacion-que-organizado-centro-economico-social-20210505_1449750
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650