inicio - Novas
 15/11/2018  

Xornada internacional sobre "O impacto socioeconómico do turismo en Galicia"

peregrino no camiño portugués Analizar polo miúdo o impacto socioeconómico do turismo en Galicia é o obxectivo da xornada que celebrará o Consello Económico e Social en Santiago de Compostela o vindeiro día 22 de novembro. Organizada en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia e enmarcada no protocolo de colaboración asinado polo CES cos seus homólogos fronteirizos con Portugal, o evento tenta amosar as distintas facianas dunha actividade de singular importancia na economía e o emprego, en particular nalgunhas zonas.
 29/10/2018  

O CES-Galicia asina cos seus homólogos de Castela e León, Estremadura e Andalucía un protocolo para colaborar no desenvolvemento do oeste peninsular

<a href="http://www.freepik.com">Designed by fanjianhua / Freepik</a>

Os organismos consultivos apoian o Corredor Atlántico e a relación transfronteriza con Portugal

O Consello Económico e Social de Galicia ven de asinar cos seus homólogos de Castela e León, Estremadura e Andalucía un protocolo de colaboración e relacións institucionais que, entre outros asuntos, permitirá un traballo conxunto en defensa de obxectivos e retos comúns. Nun acto celebrado hoxe en Salamanca, os organismos consultivos comprometéronse a desenvolver actuacións conxuntas que axuden á defensa do tecido socioeconómico do oeste peninsular.

 17/10/2018  

Un documento oportuno e necesario

presentación brexit

Presentación do informe sobre o Brexit

Un documento oportuno e necesario. Con estas dúas sinxelas palabras quixo resumir o documento Análise económica do grao de exposición da economía de Galicia ante o Brexit. Principais consideracións o coordinador do traballo, o profesor Fernando González Laxe, durante a presentación do informe na sede do CES, nun acto celebrado hoxe.
 16/10/2018  

O CES-Galicia presenta o seu informe sobre o grado de exposición da economía de Galicia ante o Brexit

Brexit web En pleno proceso final de negociación a caída do Reino Unido da Unión Europea, o Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar o seu informe “Análise económica do grao de exposición da economía de Galicia ante o Brexit. Principais consideracións”, un exercicio de reflexión sobre os posibles escenarios que se presentan nunha contorna complexa e che de incertidumes. O informe presentarase nunha rolda de prensa que terá lugar mañana, mércores 17 de octubre, a las 11:30 horas, na sede do organismo.
 03/10/2018  

Convocada a quinta edición do premio de investigación económica "Valentín Paz Andrade"

estudios económico Xa está convocada a quinta edición do Premio “Valentín Paz Andrade” de Investigación en economía de Galicia, unha iniciativa conxunta do Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC para premiar os traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.
 25/09/2018  

Os axentes económicos e sociais achéganse á problemática das demencias

Os axentes económicos e sociais representados no CES tiveron ocasión de achegarse á preocupantes problemática das demencias na xornada "Envellecemento e demencias neurodexenerativas en Galicia", que se celebrou onte. Organizado en colaboración coa Federación Alzheimer Galicia (Fagal), o encontro reuníu na sede do Consello a expertos en distintos ámbitos para ofrecer una visión multidisciplar deste fenómeno, unha das principais preocupacións para o futuro de Galicia.

Páxinas