inicio - Novas
 18/09/2018  

A problemática do envellecemento e as demencias neurodexenerativas, a estudo nunha xornada no CES

envellecemento e demencias

Ofrecer, nun período de 5 horas, unha visión completa do impacto das demencias no territorio galego. Este é o obxectivo da xornada que, baixo o título Envellecemento e demencias neurodexenerativas en Galicia, celebrarase o vindeiro luns, 24 de setembro, na sede do Consello Económico e Social de Galicia, organizada por este organismo en colaboración coa Federación Alzheimer Galicia (Fagal).

 31/07/2018  

Presentada a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2017

Galicia 2017 O Consello Económico e Social presentou hoxe a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2017, que foi aprobada polo Pleno o pasado luns. No acto de presentación, a presidenta do CES, Corina Porro, salientou os bos datos macroeconómicos agregados e repasou algunhas das consideracións consensuadas que fan parte do documento.
 19/07/2018  

O CES comeza un informe sobre as perspectivas para Galicia do novo período de programación dos fondos europeos

Gamallo comparece no CES

Comparecencia do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE

Unha comparecencia na sede do CES do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta, Jesús Gamallo Aller, foi o punto de partida dun novo informe no que xa está a traballar este organismo: unha análise sobre as perspectivas que se abren para Galicia co novo período de programación dos Fondos de Cohesión Europeos, no horizonte 2021-2027.

 12/07/2018  

Consumidores de Galicia e Portugal asinan un protocolo de colaboración transfronteiriza na sede do CES

A presidente do CES, flanqueada polos representes de DECO e UCGAL

A sede do CES foi e esceario elixido para a sinatura dun convenio de colaboración entre a Unión de Consumidores de Galicia e a asociación lusa Defesa do Consumidor (DECO) polo que ambas organizacións colaborarán para afrontar os retos nas relacións de consumo transfronteirizo. En presencia da presidenta do CES, Corina Porro, os representantes das dúas asociacións asinaron o protocolo de colaboración nun acto que contou tamén como invitados con varios membros do CES, ademáis de representantes de empresas y da Administración autonómica.

 23/05/2018  

O Comité Executivo da RTA reúnese en París

Comité Executivo da RTA A sede do Instituto Cervantes en París foi onte o esceario da reunión do Comité Executivo da Rede Transnacional Atlántica (RTA), na que o CES de Galicia estivo representado pola presidenta e mais o secretario xeral do organismo.
 27/04/2018  

Mallorca acolle o encontro anual dos CES autonómicos

encontro Palma

O CES das Illas Baleares foi o anfitrión do encontro anual dos Consellos Económicos e Sociais autonómicos, que tivo lugar os días 26 e 27 de abril e no que, como é habitual, participou o CES de Galicia coa presencia da presidenta e o secretario xeral.

Páxinas