O novo presidente do CES aposta por reforzar a independencia e a obxectividade do organismo
Acto de toma de posesión de Agustín Hernández
O novo presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández Fernández de Rojas, tomou posesión do seu novo cargo salientando a súa aposta por reforzar a independencia e a obxectividade do organismo. Nun acto celebrado na sede do Consello, coa presencia dos membros do CES, de diversas autoridades e do presidente da Xunta, Hernández lembrou o papel institucional do organismo como “pedra angular” do entramado institucional de Galicia “á hora de deseñar medidas que beneficien á cidadanía”.
Agustín Hernández Fernández de Rojas, nomeado novo presidente do CES
Agustín Hernández Fernández de Rojas é a persoa elixida para ocupar o cargo de presidente do Consello Económico e Social. O decreto de nomeamento publícase hoxe no Diario Oficial de Galicia, logo de cumpridos os trámites legalmente establecidos. O CES aproba a súa Memoria sobre a situación económica e social 2018
En sesión plenaria celebrada hoxe, o Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia correspondente a 2018.
Aprobado por unanimidade o ditame sobre o anteproxecto de Lei de residuos e solos contaminados
O Pleno do CES aprobou por unanimidade, na súa sesión de hoxe, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de residuos e solos contaminados de Galicia. Remata a etapa de Corina Porro como presidenta do CES
Logo de preto de 8 anos, hoxe rematou a etapa de Corina Porro como presidenta do Consello Económico e Social de Galicia. O Pleno aproba o ditame sobre o anteproxecto de Lei de medidas de garantía de abastecemento en episodios de seca
O Pleno do CES ven de aprobar por unanimidade, na súa sesión de hoxe, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de medidas de garantía de abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650