O Pleno aproba o ditame sobre o anteproxecto de Lei de museos
O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou hoxe, entre outros documentos, o ditame deste organismo sobre o anteproxecto de Lei de museos e outros centros museísticos de Galicia. Como ven sendo habitual, o texto consensuado por todas as organizacións presentes na sesión plenaria foi aprobado por unanimidade. O anteproxecto de Lei de impulso demográfico de Galicia, preparado para ser sometido a ditame do CES
A conselleira de Política Social presentou o texto no Pleno do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Logo de máis de 300 alegacións presentadas pola sociedade civil ao documento inicial, das que se incorporaron preto do 80%, o texto do anteproxecto de Lei de impulso demográfico de Galicia está listo para ser sometido a ditame do Consello Económico e Social. A conselleira de Política Social, Fabiola García, presentou hoxe a norma nunha sesión plenaria do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, que ten a súa sede no CES.
O presidente comparece na Comisión parlamentaria de orzamentos para explicar os proxectos e as contas previstas para 2020
O presidente do CES-Galicia, Agustín Hernández, compareceu onte na Comisión parlamentar de orzamentos para explicar os proxectos do organismo para o exercicio de 2020 e as contas previstas para levalos a cabo.
Aberto o prazo de presentación de candidaturas para o Premio Valentín Paz Andrade, que acada a súa sexta edición
Desde o pasado 1 de outubro está aberto o prazo para a presentación de traballos candidatos ao Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia. Convocado conxuntamente con carácter anual polo Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC, acada neste ano a súa sexta edición. Os traballos poderán presentarse ata o 15 de novembro.
A Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2018, xa dispoñible na web
O presidente do CES, Agustín Hernández, presentou hoxe a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2018. Logo da súa presentación pública, o documento xa está dispoñible na web.
O CES aproba por unanimidade o ditame sobre o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia
O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar por unanimidade na súa sesión de hoxe o ditame deste organismo sobre o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650