O Pleno aproba o informe sobre o sistema de coidados de longa duración en Galicia , a prestación de servizos e a creación de emprego
O Pleno do CES ven de aprobar na súa sesión de hoxe, por unanimidade, o documento "Informe sobre o sistema de coidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva de prestación de servizos e de creación de emprego". O traballo foi realizado a través dun convenio de colaboración coa Universidade da Coruña.
Os profesores Raquel Martínez Buján e Paolo Rungo, desa institución académica, foron os encargados da redacción do informe, que despois tramitouse a través da Comisión sectorial nº 2 do Consello.
Estruturado en cinco capítulos, o estudo remata con conclusións sobre a realidade actual dos coidados e as distintas perspectivas para os vindeiros anos. O informe presentarase públicamente nuns días.
Alba Torreira incorpórase como membro titular do CES en representación de Unións Agrarias
Alba Torreira Puga é a nova representante no Pleno do CES da organización Unións Agrarias–UPA, logo do seu nomeamento no DOG de hoxe. Torreira substitúe a Rosa Arcos, que deixa á súa representación logo dun longo e fructífero desempeño nos traballos do organismo.CES, Xunta, Eixo Atlántico e Fegamp manteñen unha xuntanza para unificar unha estratexia sobre o corredor atlántico
Poñer en común unha estratexia conxunta sobre o desenvolvemento do corredor atlántico en Galicia. Este foi o obxectivo da reunión que mantuvieron hoxe o Consello Económico e Social, a Fegamp, a Xunta de Galicia e mais o Eixo Atlántico por vía telemática. O presidente do CES, o secretario xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias, o director xeral de Mobilidade da Xunta e o secretario do Eixo Atlántico buscan establecer unha vía de traballo conxunta para potenciar e desenvolver o corredor atlántico e que este asunto sexa central na axenda de Galicia. As catro entidades emplazáronse para continuar afondando na súa colaboración nas vindeiras semanas.
A Comisión Permanente trata o programa de traballo para 2021 e tramita a proposta de ditame sobre a universidade privada e o informe sobre coidados de longa duración
A Comisión Permanente do CES tratou na súa sesión de hoxe o plan de traballo do organismo para este ano, un programa de actividades que aínda non está pechado por mor das condicións variables que vai impoñendo a situación sanitaria. Na reunión, a Comisión deu trámite tamén á proposta de ditame sobre a autorización para a universidade privada e elevouna ao Pleno. Do mesmo xeito, tramitou a proposta de informe sobre O sistema de coidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e a creación de emprego. Ámbolos documentos serán aprobados nunha vindeira sesión plenaria, prevista para o día 19 deste mes.
O CES celebra de xeito virtual a sesión de constitución do seu novo Pleno
O novo Pleno do Consello Económico e Social de Galicia quedou constiuído hoxe nunha sesión celebrada a través de videoconferencia que contou coa presencia do conselleiro de Facenda e Administración pública. Debido as limitacións consecuencia da covid-19, os membros do organismo foron convocados a unha sesión telemática para facer efectiva a constitución do novo plenario, logo da renovación publicada no DOG o pasado decembro e adiada ata a data polas restricións sanitarias.
Na imaxe, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, e o presidente do CES, Agústin Hernández.
Os CES españois integrados na RTA tentan consensuar unha postura básica común sobre a revisión da Rede Transeuropea de Transportes para o Espazo Atlántico
O Consello Económico e Social de Galicia, xunto cos seus homólogos de Andalucía, Estremadura, Castela e León e País Vasco, agrupados no marco da Rede Transnacional Atlántica (RTA), celebraron unha reunión telemática para a posta en común das súas posturas sobre o documento de traballo que está a elaborar a organización titulado “Cara unha revisión da Rede Transeuropea de Transportes (RTE-T) para o Espazo Atlántico”.
Esta sesión serviu para consensuar unha postura básica común dos CES atlánticos españois diante do documento, que expón as prioridades da RTA de cara a este proceso de revisión da RTE-T. Este acordo non exclúe nin limita as pretensións particulares de cada un dos territorios participantes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650