A RTA segue a traballar sobre a Estratexia Atlántica e o corredor atlántico de transportes
O Comité de Orientacións da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de Consellos Económicos e Sociais reuniuse hoxe na localidad francesa de Rennes, coa presencia de presidentes e secretarios xerais dos organismos. Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei do patrimonio natural de Galicia
O Pleno do CES-Galicia aprobou por unanimidade, na súa reunión de hoxe, o ditame sobre o anteproxecto de Lei do patrimonio natural de Galicia. Os axentes socioeconómicos coinciden na necesidade de buscar consensos para garantir a continuidade do sistema público de pensións
Representantes dos axentes económicos o sociais do CES coincidiron en salientar a necesidade de atopar consensos para levar a cabo as imprescindibles reformas do sistema público de pensións para garantir a súa continuidade, sostibilidade e equidade. No marco da xornada sobre O futuro do sistema público de pensións , membros das organizacións sindicais e empresariais expresaron opinións coincidentes na convenencia de manter o sistema no futuro, como un dos piares do estado do benestar.
Unha conferencia do profesor Ángel de la Fuente abrirá a xornada sobre o futuro do sistema de pensións o vindeiro 25 de marzo
O prestixioso experto Ángel de la Fuente, director da Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea), será o encargado de pronunciar a primeira conferencia da xornada “O futuro do sistema de pensións”, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 25 de marzo. Organizada polo CES en colaboración do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC, a xornada quere servir de marco de reflexión sobre as posibles reformas que é necesario abordar no actual modelo de pensións para garantir o seu futuro.
Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei de ordenación farmacéutica de Galicia
O Pleno do CES-Galicia aprobou na súa reunión de hoxe o ditame sobre o anteproxecto de Lei de ordenación farmacética de Galicia. Representantes institucionais, políticos, empresariais, sindicais e académicos arropan a presentacións das propostas do CES sobre o corredor atlántico
Arropado por unha nutrida representación de cargos institucionais, políticos, das organizacións sindicais e empresariais, de destacadas firmas de varios sectores e persoeiros do eido académico, o CES presentou o seu informe Galicia na rede básica transeuropea de transporte de mercadorías. Retos estratéxicos de futuro, que recolle as propostas do organismo sobre o corredor atlántico.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650