Comisión Permanente: Sesión 1/21
Pestanas principais
Convócolle á sesión 1/21 da Comisión Permanente do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro mércores, 3 de febreiro, ás 10:00 horas, a través de videoconferencia (recibirá vostede un enlace para participar), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Comparecencia do director xeral de Planificación e Orzamentos da Xunta de Galicia, Miguel Corgos, para explicar a planificación dos fondos europeos.
- Turno de intervencións para os membros da comisión.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021
O PRESIDENTE
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Notas:
Aínda que a sesión prantéxase de xeito telemático, a través de videoconferencia, o director xeral participará desde a sede do CES. En consecuencia, se vostede prefire asistir en modo presencial, convidámoslle a facelo.
Dada a natureza da sesión, como comparecencia, non se remite a acta da sesión anterior, que deberá ser aprobada nunha vindeira ocasión.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 2.08 MB |








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650