31/05/2024  

Xornada sobre o futuro das enerxías renovables en Galicia ante o reto da descarbonización

xornada renovables

Descarbonizar a produción de enerxía é unha necesidade para as nosas sociedades europeas, pero non é un camiño doado. O reto de dar pulo ás enerxías renovables presenta dificultades en distintos eidos. O Consello Económico e Social de Galicia organiza unha xornada de reflexión sobre este asunto, que se celebrará no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela o vindeiro 5 de xuño. Axentes socioeconómicos, expertos e responsables de distintas entidades debaterán o futuro destas fontes de enerxía en Galicia, as súas posibilidades o tamén os puntos menos claros.

Por unha parte, comentaranse os aspectos económicos, sociais e de viabilidade do desenvolvemento industrial que impoñerá o proceso de descabornización. Por outra banda, reflexionarase sobre os aspectos territoriais, ambientais e de desenvolvemento rural do novo paradigma.

 20/05/2024  

O CES e o Observatorio de dinamización demográfica buscan afondar na súa colaboración

Galdo e Pérez

A vicepresidenta do Observatorio galego de dinamización demográfica, a profesora María Xosé Rodríguez Galdo, e o presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez, mantiveron hoxe unha reunión na sede do organismo consultivo para tentar atopar mecanismos para afondar na colaboración entre ambas as institucións. O CES ostenta a secretaría dos distintos grupos de traballo que compoñen o Observatorio, pero ambos responsables entenden que é posible ir máis aló nos eidos en que coincide o traballo dos dous entes.

 17/05/2024  

A RTA emitirá un informe sobre a macrorrexión atlántica

RTA Rennes

Establecer un posicionamiento propio sobre la macrorrexión atlántica e construir un discurso propio sobre o asunto. Éste é o obxectivo do novo informe que vai emitir a Rede Transnacional Atlántica (RTA) de consellos económcos e sociais, segundo acordou este venres o seu órgano de dirección, o Comité de Orientacións, na localidade francesa de Rennes.

Na reunión, na que participaron o presidente e o secretario xeral do CES-Galicia, acordouse crear un grupo de traballo presidido por el CES de Extremadura, para abordar ese informe, marca a posición da RTA sobre esta realidade e defender as súas consideracións diante da Comisión do Arco Atlántico. A previsión é que o documento esté rematado a finais deste ano.

O Comité acordou tamén a creación de varios grupos de traballo (Transporte, Turismo, Pesca), a delimitación de contados, o calendario e as modalidades de validación das propostas.

Foi aprobado asimesmo o programa de traballo para o I Foro europeo de la RTA, que se celebrará en Huelva en outubro. Está previsto que a esa xuntanza asistan, entre outros persoeiros, o coordinador europeo do corredor atlántico, Carlo Secchi, así como os comisarios de Transportes e Enerxía da Comisión Europea, ademáis de diversas autoridades españolas.

 08/05/2024  

Alumnos de Relacións Laborais visitan no Pazo de Amarante as sedes do CGRL e do CES

Visita relaciones laborales

Un grupo de alumnos da Facultade de Relacións Laborais da USC visitou hoxe a sede do CGRL e mais do CES, no compostelán Pazo de Amarante. Os estudantes tiveron ocasión de coñecer de primeira man, a través das explicacións dos máximos responsables de ambos organismos, o funcionamiento e as actividades destes consellos e o seu papel no entramado institucional de Galicia.

Na imaxe, os alumnos, o seu profesor, a presidenta do CGRL e o presidente do CES, na sala de Plenos deste último organismo.

 26/04/2024  

Galicia participa no "Encuentro anual de los CES Autonómicos y del CES de España" que se celebra en Barcelona

grupo encuentro Barcelona

O Consello Económico e Social de Galicia participa, coa presencia do seu presidente, Manuel Pérez, e o secretario xeral, Manuel Martinez, nas xornadas do "Encuentro anual de los CES Autonómicos y del CES de España" que este ano teñen lugar en Barcelona os días 25 e 26 de abril.

Organizado polo Consell de Treball, Econòmic i Social de Catalunya, o encontro é unha ocasión para que estes organismos consultivos compartan experiencias e coordinen iniciativas para poñer en valor o seu labor como institucións para a participación dos axentes económicos e sociais e da sociedade civil organizada na toma de decisións.

 25/04/2024  

Visita do CES á factoría de Stellantis en Vigo

stellantis

Un grupo de membros e traballadores do Consello Económico e Social, encabezados polo presidente do organismo, Manuel Pérez, visitou onte a factoria do grupo Stellantis na cidade de Vigo. Responsables da marca explicaron brevemente a historia das instalacións e a realidade do grupo como un dos actores principais no mercado mundial da automoción antes de comezar unha visita guiada para coñecer in situ todo o proceso, altamente automatizado, que leva desde as bobinas de aceiro ata o vehículo rematado. Os visitantes agradeceron a invitación e valoraron moi positivamente a experiencia.

Páxinas