inicio - Novas - Galicia participa no "Encuentro anual de los CES Autonómicos y del CES de España" que se celebra en Barcelona

Galicia participa no "Encuentro anual de los CES Autonómicos y del CES de España" que se celebra en Barcelona

 26/04/2024  

O Consello Económico e Social de Galicia participa, coa presencia do seu presidente, Manuel Pérez, e o secretario xeral, Manuel Martinez, nas xornadas do "Encuentro anual de los CES Autonómicos y del CES de España" que este ano teñen lugar en Barcelona os días 25 e 26 de abril.

Organizado polo Consell de Treball, Econòmic i Social de Catalunya, o encontro é unha ocasión para que estes organismos consultivos compartan experiencias e coordinen iniciativas para poñer en valor o seu labor como institucións para a participación dos axentes económicos e sociais e da sociedade civil organizada na toma de decisións.

Concretamente, asistiron os presidentes e secretarios xerais dos CES de Andalucía, Aragón, Canarias, Castilla y León, Cataluña, Comunidad Valenciana, Extremadura, Galicia, Islas Baleares, La Rioja, País Vasco, Región de Murcia e o CES de España.

As materias de traballo da reunión deste año foron, por unha banda, o papel dos Fondos Next Generation-UE para o desenvolvemento e impulso socioeconómico e, por outra, a Formación Profesional Dual como panca de xeración de talento, emprego de calidade e modernización do tecido económico.

O primeiro día do encuentro, que tivo lugar na sede do CTESC, acolleu dúas conferencias en torno ás temáticas centrales. A primeira, a cargo do presidente do Consejo Catalán de Formación Profesional da Generalitat de Catalunya, Fabián Mohedano, tiña por título “La necesaria institucionalización del Sistema de Formación Profesional”. A segunda, ofrecida polo secretario de Asuntos Económicos y Fondos Europeos da Generalitat de Catalunya, Miquel Puig, centrouse no “Seguimiento y perspectivas del fondo Next Generation”.

A segunda xornada, celebrada no Palacio Centelles de Barcelona, permitiu intercambiar experiencias e formular as principais conclusións por parte dos CES participantes.

Na imaxe, foto de familia dos participantes.