inicio - Novas
 11/01/2024  

O Presidente do CES Galicia intervén para explicar o funcionamento do organismo.

Este xoves o presidente do CES Galicia, Manuel Pérez Álvarez explicou en esRadio o funcionamento do CES Galicia, a utilidade do mesmo, así como o traballo que se fai no organismo polas diversas organizacións que están representadas neste foro de debate e órgano consultivo en materia económico-social.
 22/12/2023  

O xurado resolve o premio Valentín Paz Andrade de investigación

Xurado José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira foron recoñecidos este martes 19 co premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, convocado polo Consello Económico e Social (CES) e o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA). Amoedo e Sánchez-Carreira foron premiados polo artigo ‘Os efectos iniciais da COVID-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade’, un traballo que veu la luz na Revista Galega de Economía.
 14/12/2023  

O Consello presenta o seu informe sobre a dinámica empresarial de Galicia

presentación dinámica empresarial

Exceso de burocracia, dificultades de acceso ao financiamento ou baixa cualificación do persoal. Estas son algunhas das eivas que atopan as empresas galegas para medrar e gañar competitividade, segundo se recolle no informe "Tecido empresarial galego e dinâmica empresarial. Análise comparada", aprobado polo Pleno do CES o pasado 4 de decembro e que se presentou onte en Vigo. Elaborado a través dun convenio de colaboracíón coa Universidade de Vigo, o informe recolle máis dunha trintena de propostas concretas para eliminar ou aminorar as dificultades que atopan as empresas para gañar dimensión e posición no mercado.

 05/12/2023  

Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de lei de promoción dos beneficios dos recursos naturais

recursos naturais

O Pleno do CES aprobou por maioria na súa sesión do pasado 4 de decembro o ditame sobre o anteproyecto de lei de promoción dos beneficios económicos e sociais dos proxectos que utilicen os recursos naturais de Galicia. O documento xa foi remitido ao presidente da Xunta.

 01/12/2023  

O CES acolle a presentación dun informe sobre demografía e cohesión social elaborado polo Eixo Atlántico

Demografía Eixo Atlántico

Máis de trinta propostas concretas e operativas para combater o reto demográfico, tanto no interior de Galicia coma no Norte de Portugal

Un plan de actuación con propostas concretas. Así definen os seus promotores o documento “Cohesión socioterritorial e despoboamento na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, que foi presentado hoxe na sede do CES en Santiago. Subtitulado “Proposta de liñas de actuacións e de accións estratéxicas para os territorios do interior”, o estudio prantexa actuacións concretas para a zona do interior da rexión coa idea de que “é momento para falar menos e facer máis”.

O presidente do CES salientou a importancia do asunto e o momento e gabou o traballo elaborado.

 23/11/2023  

O órgano de dirección da RTA estudia abrir a rede á institucións de Irlanda e Gales

RTA Burdeos

Reunión do Comité de Orientacións da organización celebrada en Burdeos

Presidentes e secretarios xerais dos CES españois e franceses que conforman a Rede Transnacional Atlántica (RTA) celebraron estes días na cidade francesa de Burdeos unha nova reunión do Comité de Orientacións da organización. O novo presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, tivo ocasión de participar por primeira vez nunha sesión do órgano directivo da rede, que agrupa aos Consellos Económicos e Sociais da fachada atlántica europea.

Entre outros asuntos, o Comité elixiu ao novo presidente para os vindeiros dous anos, cargo que corresponderá ao representante do CESER da rexión francesa de Bretaña, Patrick Care. Os participantes debateron tamén a posibilidade de ampliar a rede de entidades implicadas para dar cabida a organismos homólogos de Irlanda e País de Gales, territorios que comparten ubicación xeográfica e problemas comúns coa actuáis membros.

Páxinas