O Consello presenta o seu informe sobre a dinámica empresarial de Galicia
Pestanas principais
Exceso de burocracia, dificultades de acceso ao financiamento ou baixa cualificación do persoal. Estas son algunhas das eivas que atopan as empresas galegas para medrar e gañar competitividade, segundo se recolle no informe "Tecido empresarial galego e dinâmica empresarial. Análise comparada", aprobado polo Pleno do CES o pasado 4 de decembro e que se presentou onte en Vigo. Elaborado a través dun convenio de colaboracíón coa Universidade de Vigo, o informe recolle máis dunha trintena de propostas concretas para eliminar ou aminorar as dificultades que atopan as empresas para gañar dimensión e posición no mercado.
Na presentación, os autores da investigación, do grupo GEN da Uvigo, salientaron que, logo da analise da realidade, o seu labor centrouse en aportar recomendacións concretas que mellorar a dinámica empresarial.
Pola súa banda, o presidente do CES, Manuel Pérez, gabou a colaboración coa institución académica e o nivel de entendemento acadado entre os investigadores e os membros da comisión do Consello que traballaron no documento.
Como todos os traballos do Consello, este informe pode consultarse nesta web do CES.
Na imaxe, a vicerreitora de Comunicación da Uvigo, Mónica Valderrama, e o presidente do CES, Manuel Pérez, cos membros do equipo redactor do informe Santiago Lago, Patricio Vázquez e J. Franciso Armesto.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 4.27 MB |









Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650