Madrid acolle o encontro anual dos CES autonómicos e de España
Organizado polo CES de España, Madrid foi o escenario do encontro anual de presidentes e secretarios xerais dos Consellos Económicos e Sociais das Comunidades Autónomas e do Estado, que se celebrou na capital os pasados días 6 e 7 de xuño. Consejos Económicos y Sociales de España y Portugal colaborarán en actividades de ámbito transfronterizo
O futuro demográfico, a debate nunha nova xornada de estudio do CES e o Idega
Os retos que presenta a caída da fecundidade e o envellecemento da poboación, que están a provocar unha transformación da realidade demográfica e importantes cambios sociais e económicos, serán os protagonistas da xornada “O futuro demográfico, a debate”, que terá lugar no CES o vindeiro martes, 10 de maio.
Aprobado o ditame sobre o anteproyecto de Lei de creación dos Colexios provinciais de economistas
O Pleno do CES aprobou por unanimidade, na súa sesión 2/16, do 29 de abril, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de creación dos Colexios provinciais de Economistas por fusión dos Colexios de Titulares Mercantís e de Economistas existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Pleno de toma de posesión para un novo período catrienal
Unha solemne sesión plenaria na sede do organismo celebrada hoxe acolleu o acto de toma de posesión dos novos membros do Consello Económico e Social para un novo mandato catrienal.
Principio de acordo de colaboración transfronteiriza co CES de Portugal
O Consello Económico e Social de Galicia, xunto con representantes dos outros CES autonómicos españois das comunidades que comparten fronteira con Portugal, participou en Lisboa nun encontro con responsables do CES luso o pasado martes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650