Aprobado o ditame sobre o proyecto de decreto que modifica o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
O CES ven de aprobar hoxe un ditame facultativo sobre o proxecto de Decreto polo que se modifica o Decreto 104/2016, do 28 de xullo, que regula o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica. Os axentes económicos e sociais de Galicia, optimistas sobre o futuro de Ferrol
Presentación do informe do CES sobre a cidade e a súa área de influencia
Ferrol e a súa área de influencia poden afrontar o futuro con optimismo. Así se recolle nas conclusións do informe do CES sobre ese territorio, que foi presentado onte na cidade naval, coa presencia de representantes políticos, institucionais e axentes económicos. Na súa intervención, a presidenta do Consello, Corina Porro, salientou que existen importantes recursos e capacidades con potencialidade para mellorar a competitividade do seu tecido empresarial e a calidade de vida dos seus cidadáns.
O CES presenta este xoves o seu informe sobre Ferrol e a súa área
O CES vai presentar o vindeiro xoves, 23 de marzo, o seu informe sobre Ferrol e a súa área de influencia nun acto público que se celebrará nesa cidade.
A presidenta do CES-Galicia, na presentación do Observatorio Económico Ourensán
Nun acto organizado pola Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, a presidenta do CES-Galicia, Corina Porro, participou na presentación do octavo estudo do Observatorio Económico Ourensán, que se celebrou este mércores. Ese estudo presenta unha radiografía moi completa da realidade socio-económica da provincia.
O CES-Galicia mantén unha vicepresidencia no novo Comité Executivo da RTA
O Consello Económico e Social de Galicia mantén unha vicepresidencia no novo Comité Executivo (órgano de goberno) da Rede Transnacional Atlántica, que na nova etapa vai estar presidido polo responsable do CES Vasco, Francisco Huidobro.
Excelente acollida para a xornada sobre economía azul
Representantes de colectivos empresariais, institucionais, políticos e axentes socioeconómicos asisitiron á xornada "El relanzamiento de la economía azul en la fachada atlántica", que organizou o CES-Galicia en Vigo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650