Expertos técnicos de Mar e Medio Rural comparecen no CES para explicar as perspectivas dos fondos comunitarios no novo período 2021-2027
Enmarcada no contexto do traballo que está a abordar o CES sobre os fondos de cohesión europeos na perspectiva 2021-2027, hoxe tivo lugar a comparecencia de responsables técnicos das consellerías do Mar e do Medio Rural para explicar, nunha sesión da Comisión sectorial nº 3, pero aberta aos outros membros, as novidades que prevén os seus respectivos departamentos.
A sesión comezó coa exposición do xefe de gabinete da Consellería do Mar, Antonio Basanta Fernández, para explicar as perspectivas e novidades do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Logo dunha exhaustiva explicación das linas de traballo nas que están a traballar na consellería neste eido, foi o turno da comparecencia do subdirector xeral de Planificación e Coordenación de Fondos da Consellería de Medio Rural, Juan Manuel Martínez Barral, para falar dos recursos e plans para a agricultura.
Ambas as dúas intervencións poden ser consultadas nos documentos enlazados.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 5.96 MB | |
| 1.15 MB |









Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650