A Comisión sectorial nº 4 continúa cos traballos de redacción da Memoria 2020
21/05/2021
Os membros da Comisión sectorial nº 4 do CES continúan a traballar na redacción da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia correspondente a 2020, un documento que recollerá a extraordinaria situación que vivimos o pasado ano como consecuencia da pandemia da covid-19. O traballo avanza o bo ritmo e logo da sesión de hoxe –na imaxe, un momento da reunión telemática– xa están prácticamente rematados os capítulos 2, 3 e 4, Nas vindeiras semanas analizaranse os apartados 1 e 5 e elaboraranse as consideracións sobre ese atípico ano.
traballos relacionados:









Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650