O CES presentará o vindeiro martes o seu informe "Por unha alianza no sector industrial galego"
Un acto que reunirá en Santiago a protagonistas do sector manufactureiro, axentes socioeconómicos e representantes políticos servirá para presentar públicamente o último informe do Consello Económico e Social de Galicia, "Por unha alianza no sector industrial galego: 50 propostas". A presentación terá lugar no Hostal dos Reis Católicos compostelán o vindeiro martes, 27 de febrero, ás 12:00 horas.
A iniciativa do CES contou cunha activa participación do sector e concretouse nun completo informe de consenso que se sustancia en 50 propostas sobre as necesidades que ten o sector para afrontar os enormes retos que significan os cambios tecnolóxicos que se están a producir na industria e as súas consecuencias para o seu futuro e sobre o emprego.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 3.4 MB |









Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650