Os CES españois reivindican o seu papel como instrumentos de diálogo para colaborar na salida da crise
Pestanas principais
Conscientes dos retos que afrontan as sociedades actuais para unha saída da crise que non deixe atrás a ninguén, os Consellos Económicos e Sociais (CES) de España reivindican o seu papel como instrumentos de diálogo e concertación social. A través dunha declaración pública asinada polos presidentes destes organismos consultivos tras un encontro celebrado en Santiago de Compostela, os CES salientan a importancia de potenciar o diálogo e a negociación para impulsar as medidas que permitan superar as dificultades actuais e poñen en valor o seu papel como instrumentos “útiles e imprescindibles” nese proceso pola presencia na súa composición dos diferentes axentes sociais e económicos representantes da sociedade civil.
Co fin último de atopar medidas que permitan unha recuperación “robusta, firme, duradera e inclusiva”, os Consellos amosan a súa disposición para colaborar e contribuir ao seguimento e avaliación dos proxectos, programas e actuacións que se impulsen dentro dos plans de recuperación e transformación nos eidos económicos e sociais desde unha perspectiva colaborativa e constructiva.
Salientan tamén a necesidade de priorizar os consensos e acordos, sinal de identidade destes organismos, e reclaman a todos os axentes implicados “a xenerosidade e altura de miras que o actual contexto nos esixe”.
A declaración ésta asinada polo Consejo Económico y Social de España, xunto cos Consejos Económicos y Sociales de Andalucía, Aragón, Castilla y León, Cataluña, Comunidad Valenciana, Extremadura, Galicia, Illes Balears, Navarra, Murcia e País Vasco.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 171.05 KB |









Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650