O CES comenza a actualización dos seus informes territoriais
06/03/2014
O CES comezou o proceso de actualización dos informes territoriais que ven desenvolvendo este organismo consultivo desde a súa creación. Logo de ter estudiado toda a xeografía galega a través de dez informes ao longo destes anos, o último traballo sobre a área de Vigo, recentemente presentado, marcou o final dun ciclo e o inicio dunha segunda fase nunha doble vertiente: o seguemento das actuacións propostas nese estudio e a actualización de traballos anteriores. A Comisión sectorial nº 3, Desenvolvemento territorial, xa escomezou coas reunións preliminares para a redacción dun novo informe.
O Consello acordou actualizar os informes territoriais realizados ata o presente e establecer un sistema de seguimento das propostas que, como se fixo no devandito estudio sobre a área de Vigo, se inclúan neles, como medio para rentabilizar permanentemente o traballo que se ven realizando dende fai anos. Con esta iniciativa, o CES tenta ofrecer unha ferramenta de gran utilidade á sociedade e, en especial, aos que dende as institucións públicas ou os distintos sectores sociais e económicos deben tomar diariamente decisións na correspondente área de responsabilidade.
Precisamente, é a presentación de propostas concretas de actuación para a área estudiada o que fai oportuno establecer un seguimento das mesmas, unha visión periódica do grao de realización das actuacións realizadas, co fin de ter unha imaxe actualizada da situación.









Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650