inicio - convocatorias - Pleno - Pleno Sesión 8/23

Pleno Sesión 8/23

Pestanas principais

data e hora: 
04/12/2023
orde do día: 

Asunto: notificación de convocatoria da sesión 8/23 do Pleno

Convócolle á sesión 8/23 do Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro luns, 4 de decembro, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda convocatoria, en modalidade mixta –presencial na sede do organismo ou a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación cun enlace para participar)–, de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Aprobación da proposta de informe “Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada”.
  3. Aprobación da proposta de ditame sobre o Anteproxecto de lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia. (*)(**)
  4. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023
O PRESIDENTE

Asdo.: Manuel Pérez Álvarez


  • (*) Presentación de enmendas. Para a eventual presentación de enmendas á proposta de ditame, establécese un prazo que acaba o venres, 1 de decembro, ás 10:30 horas.
  • (**) Sistema de votación. O sistema de votación das enmendas será delegado, de xeito que se preguntará a un representante por organización o senso do voto da mesma e computará polo número de membros desa organización presentes na sesión (presencial ou telemáticamente).