Pleno, sesión 2/17
Pestanas principais
Asunto: convocatoria da sesión 2/17 do Pleno do CES
Acórdase convocar o Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, na súa sesión 2/17, para o vindeiro xoves, 15 de xuño, ás 12:30 horas en primeira convocatoria e ás 13:00 horas en segunda convocatoria, na sedo do CES-Galicia (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), para tratar os seguintes asuntos da
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da actas das sesións anteriores.
- Proposta de aprobación do ditame sobre o anteproxecto de Lei de Portos de Galicia.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017
A PRESIDENTA
Asdo.: Corina Porro Martínez
Asunto: remisión do ditame sobre a modifación do decreto do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica para a sesión 2/17 do Pleno do CES
En cumprimento do acordo da Comisión Permenente do Consello Económico e Social de Galicia (sesión 3/17), xúntolle o ditame facultativo sobre o Proxecto de Decreto polo que se modifica o Decreto 104/2016, do 28 de xullo, que regula o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, para a súa ratificación polo Pleno na súa sesión de mañana.
Logo da solicitude recibida, o dito ditame foi aprobado cun trámite inusual, a través da modalidade de ditame facultativo prevista na Lei de creación do CES, por unanimidade da Comisión Permanente
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2017
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 63 KB | |
| 59.61 KB | |
| 77.5 KB | |
| 246.3 KB |








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650