Comisión Sectorial IV: sesión 2/24
Pestanas principais
Asunto: CES: convocatoria CS-4, sesión 2/24
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 4, “Memoria socioeconómica de Galicia”, notifícaselle a convocatoria da sesión 2/24 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o vindeiro venres, 12 de abril, ás 10:30 horas, na sede do organismo (rúa Algalia de abaixo, 24, en Santiago), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Análise da proposta de Capítulo 2- Mercado de traballo e relacións laborais da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2023.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela,
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 746.14 KB | |
| 89 KB | |
| 2.63 MB |








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650