Comisión sectorial IV: sesión 1/23
Pestanas principais
Asunto: CONVOCATORIA CS 4 CES GALICIA MEMORIA 2022
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 4, “Memoria socioeconómica de Galicia”, notifícaselle a convocatoria da sesión 1/23 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o vindeiro mércores, 1 de marzo, ás 10:30 horas, na sede do organismo (rúa Algalia de abaixo, 24, en Santiago), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Valoración do borrador de nova redacción do capítulo 1 da Memoria. (non é o capítulo 1 que se analizará na semana que corresponda)
- Valoración da propostas de mellora/modificación para a memoria dos/as membros da comisión(*).
- Rogos e preguntas.
(*) prégase que aqueles/as membros que queiran facer propostas as remitan ao CES ata o 27 de febreiro ás 13:00 h.
Santiago de Compostela,
O SECRETARIO XERAL
Manuel Martínez Varela
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 394.89 KB | |
| 71 KB | |
| 2.35 MB |








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650