Comisión sectorial I: sesión 4/24
Pestanas principais
Asunto: Notificación convocatoria sesión 4/24 da Comisión sectorial nº 1
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 1, “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 4/24 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o mércores, 28 de febreiro, ás 10:30 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Punto único.- Celebración dunha xornada de debate sobre o informe “Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada”.
*Aínda que a xornada vaise celebrar no marco dunha sesión da CS-1, convidarase a participar na mesma a todos os membros do CES.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 760.51 KB | |
| 135.53 KB |








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650