inicio - convocatorias - CS1 - Comisión sectorial I: sesión 11/22

Comisión sectorial I: sesión 11/22

Pestanas principais

data e hora: 
04/11/2022
orde do día: 

Asunto: Notificación convocatoria sesión 11/22 da Comisión sectorial nº 1

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 1, “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 11/22 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o venres, 4 de novembro, ás 11:30 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación das actas das sesións anteriores.
  2. Estudio da proposta de cooperativas (trasladada pola Economía Social) para comparecer na comisión de elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de calidade alimentaria de Galicia e decisión ao respecto.
  3. Análise da proposta de ditame sobre o anteproxecto de Lei de calidade alimentaria de Galicia.
  4. Rogos e preguntas

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2022
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela