Comisión Sectorial I: sesión 9/22
Pestanas principais
Asunto: Notificación convocatoria sesión 9/22 da Comisión sectorial nº 1
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 1, “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 9/22 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o xoves, 6 de outubro, ás 10:00 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Punto único.- Comparecencia do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, para explicar a filosofía e contido do anteproxecto de Lei de calidade alimentaria de Galicia, sometido a ditame do CES.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela
NOTA: o expediente está no link do "traballo relacionado", e dicir do Ditame sobre o anteproxecto de Lei de calidade alimentaria de Galicia
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 463.24 KB |








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650