A conferencia sobra a tarifa eléctrica, dispoñible en YouTube
A conferencia sobre "A tarifa eléctrica en España", a cargo do profesor da Universidade de Vigo Fidel Castro Rodríguez, que se celebrou hoxe está a súa disposición na canle do CES en YouTube a través da seguinte ligazón:
Aprobado por maioría o ditame sobre o anteproxecto de Lei reguladora dos xogos de Galicia
O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar na súa última sesión o ditame sobre o anteproxecto de Lei reguladora dos xogos de Galicia. Entre outras consideracións, o CES bota en falta unha alusión máis contundente á problemática xerada nos últimos anos pola práctica incontrolada do xogo, que, en opinión do Consello, debería abordarse con máis compromiso.
O ditame, solicitado polo trámite de urxencia, foi aprobado por maioría dos membros do Consello e conta cun voto particular emitido pola Confederación de Empresarios de Galicia, que discrepa dalgunhas das súas consideracións.
Conferencia sobre a tarifa eléctrica en España
O Consello Económico e Social de Galicia organiza unha conferencia sobre “A tarifa eléctrica en España” a cargo do profesor Fidel Castro Rodríguez, que se celebrará o vindeiro mércores, 21 de xullo a partir das 10:00 horas e poderá ser seguida en directo vía streaming a través da nosa canle de YouTube.
O CES e a Universidade de Vigo asinan un convenio de colaboración para redactar un informe sobre os retos que supón a dixitalización para Galicia
O catedrático Xosé Henrique Vázquez dirixirá o estudio, que se presentará a finais de ano
O presidente do CES participa na presentación aos axentes sociais do Mapa ferroviario de Galicia elaborado polo Eixo Atlántico
O presidente do CES-Galicia, Agustín Fernández, participou na presentacións aos axentes sociais do Mapa ferroviario de Galicia, un completo informe sobre a necesidade e estimacións presupostarias desta infraestrutura elaborado polo Eixo Atlántico. A xuntanza reuniu aos máximos representantes da Confederación de Empresarios de Galicia e os tres sindicatos maioritarios (CIG, CCOO e UGT) cos responsables do Eixo, que explicaron polo miudo o contido do documento e reclamaron a máxima unidade social para acadar a mellora das conexións ferroviarias de Galicia..
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »









Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650