inicio - convocatorias - CS4 - Comisión Sectorial IV: sesión 7/14

Comisión Sectorial IV: sesión 7/14

Pestanas principais

data e hora: 
17/06/2014
orde do día: 

Conforme co artigo 30º do Regulamento de Réxime Interno do Consello e segundo o acordado na reunión anterior, convócase a sesión 7/14 da Comisión Sectorial nº 4, Memoria sobre a situación socioeconómica, para o vindeiro martes, 17 de xuño, ás 10:15 horas,,na sede do Consello Económico e Social de Galicia (r/Algalia de abaixo, 24, en Santiago), de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación da acta da sesión anterior.

2.- Análise da nova versión do capítulo 1.- Panorama xeral, da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2013, coas modificacións acordadas en sesións anteriores.

3.- Análise da proposta de Consideracións do capítulo 1. da Memoria Galicia 2013.

4.- Análise da nova versión do capítulo 2.- Mercado de traballo e relacións laborais, da Memoria , coas modificacións acordadas en sesións anteriores.

5.- Análise da proposta de Consideracións do capítulo 2. da Memoria Galicia 2013.

6.- Rogos e preguntas.


Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014
O SECRETARIO XERAL