inicio - convocatorias - CS2 - Comisión sectorial II: sesión 5/25

Comisión sectorial II: sesión 5/25

Pestanas principais

data e hora: 
09/06/2025
orde do día: 

ASUNTO: Notificación convocatoria sesión 5/25 da Comisión sectorial nº 2

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 2, “Sector público e benestar social”, notifícaselle a convocatoria da sesión 5/25 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o vindeiro luns, 9 de xuño, ás 10:30 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago), de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  • Punto primeiro.- Comparecencia do equipo da Universidade de Vigo encargado da elaboración do informe sobre dependencia e a súa relación co reto demográfico para a presentación do prantexamento inicial e o índice proposto para o traballo.
  • Punto segundo.- Continuación da elaboración da proposta de ditame sobre o Anteproxecto de lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela

documentación da convocatoria: