inicio - Novas - A RTA emitirá un informe sobre a macrorrexión atlántica

A RTA emitirá un informe sobre a macrorrexión atlántica

 17/05/2024  

Establecer un posicionamiento propio sobre la macrorrexión atlántica e construir un discurso propio sobre o asunto. Éste é o obxectivo do novo informe que vai emitir a Rede Transnacional Atlántica (RTA) de consellos económcos e sociais, segundo acordou este venres o seu órgano de dirección, o Comité de Orientacións, na localidade francesa de Rennes. Na reunión, na que participaron o presidente e o secretario xeral do CES-Galicia, acordouse crear un grupo de traballo presidido por el CES de Extremadura, para abordar ese informe, marca a posición da RTA sobre esta realidade e defender as súas consideracións diante da Comisión do Arco Atlántico. A previsión é que o documento esté rematado a finais deste ano. O Comité acordou tamén a creación de varios grupos de traballo (Transporte, Turismo, Pesca), a delimitación de contados, o calendario e as modalidades de validación das propostas. Foi aprobado asimesmo o programa de traballo para o I Foro europeo de la RTA, que se celebrará en Huelva en outubro. Está previsto que a esa xuntanza asistan, entre outros persoeiros, o coordinador europeo do corredor atlántico, Carlo Secchi, así como os comisarios de Transportes e Enerxía da Comisión Europea, ademáis de diversas autoridades españolas.