Xornada de debate sobre as conclusións do informe sobre dinámica empresarial
Os membros do CES celebraron, no marco dunha sesión da Comisión sectorial nº 1, unha xornada de debate para afondar nas conclusións que se acadaron no recente informe "Tecido empresarial galego e dinâmica empresarial. Análise comparada", aprobado polo Pleno do CES o pasado 4 de decembro. As distintas organizacións expresaron as súas opinións sobre as máis de treinta propostas concretas que recolle o documento de cara a eliminar ou aminorar as dificultades que atopan as empresas gallegas para gañar dimensión e posición no mercado.
As tres conclusións principais, que se acadaron por unanimidade dos membros, foron as seguintes:
• Necesidade de procurar un equilibrio na distribución territorial das empresas en Galicia, impulsando a súa implantación máis alá dos polígonos industriais das áreas metropolitanas.
• A necesidade de poñer en valor os procesos de emprendemento daquelas empresas que se dedican á integración e ao traballo cos colectivos máis desfavorecidos e/ou modelos de gobernanza que favorezan a participación das persoas.
• A necesidade de fomentar o espírito emprendedor nas novas xeracións dende idades máis tempranas.









Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650