Comisión sectorial I: sesión 11/23
Pestanas principais
Asunto: convocatoria da sesión 11/23 da Comisión sectorial nº 1
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 1, “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 11/23 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o luns, 27 de novembro, ás 10:30 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Aprobación da proposta de informe “Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada”.
- Segunda lectura da proposta de ditame sobre o Anteproxecto de lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.
- Rogos e preguntas
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 153.79 KB | |
| 50.35 KB |








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650