Comisión Sectorial I: sesión 4/23
Pestanas principais
Asunto: Notificación convocatoria sesión 4/23 da Comisión sectorial nº 1
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 1, “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 4/23 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o mércores, 20 de setembro, ás 11:00 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Punto único.- Presentación para análise do informe “Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada”, a cargo do equipo encargado do traballo.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 4.42 MB |








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650