inicio - convocatorias - CS3 - Comisión Sectorial I: sesión 3/23

Comisión Sectorial I: sesión 3/23

Pestanas principais

data e hora: 
22/03/2023
orde do día: 

Asunto: Notificación convocatoria sesión 3/23 da Comisión sectorial nº 1

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 1, “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 3/23 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o mércores, 22 de marzo, ás 12:00 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de Compostela) ou por videoconferencia (recibirá vostede un enlace para participar), de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Exame das consideracións presentadas ao informe sobre “Os impactos da Covid na economía galega”.
  3. Rogos e preguntas

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela

documentación da convocatoria: