inicio - convocatorias - CS - Pleno sesión 7/22

Pleno sesión 7/22

Pestanas principais

data e hora: 
22/12/2022
orde do día: 

Convócolle á sesión 7/22 do Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro XOVES 22 de decembro, ás 9:00 horas en primeira convocatoria e ás 9:30 horas en segunda convocatoria, a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación cun enlace para participar), de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Aprobación da proposta de ditame sobre o anteproxecto de Lei de artesanía de Galicia. (*)
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela,
O PRESIDENTE

Asdo.: Agustín Hernández Fernández de Rojas

(*) Lémbrase que, segundo o estipulado no artigo 37 do Regulamento do CES, “Con anterioridade á data sinalada para a celebración do pleno convocado, calquera membro do consello, individual ou colectivamente, poderá presentar emendas á totalidade ou a aspectos parciais do texto elaborado pola comisión sectorial. A presentación deberá formalizarse por escrito dirixido ó presidente do consello con polo menos vintecatro horas de antelación da hora prevista para a celebración do pleno e no caso das emendas parciais deberán ir acompañadas dunha exposición de motivos sucinta, aclaratoria do alcance da emenda presentada. Non poderá ser admitida a presentación dunha emenda á totalidade que non veña acompañada do correspondente texto alternativo.”

documentación da convocatoria: