Comisión sectorial I: sesión 7/22
Pestanas principais
Asunto: Notificación convocatoria sesión 7/22 da Comisión sectorial nº 1
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial no 1, “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 7/22 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o luns, 12 de setembroo, ás 12:30 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
- Reflexións sobre o informe “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0.”.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela
Actualización
A sesión terá lugar este luns, 12 de setembro, ás 12:30 horas (en vez de ás 10:30, como estaba previsto) e terá formato mixto: ademáis da reunión presencial, ofrecerase a posibilidade de atender á sesión en modo remoto (crearase unha reunión virtual á que serán invitados os membros).
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 470.52 KB | |
| 80 KB | |
| 1.01 MB | |
| 5.94 MB | |
| 5.24 MB | |
| 5.66 MB |








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650