A Comisión Permanente traballa na modificación do Regulamento de réxime interno
29/03/2021
A Comisión Permanente do CES continúa a trabajar na modificación e posta ao día do Regulamento de réxime interno do organismo para axustar o seu contido aos cambios lexislativos –como o número de membros, por exemplo– e na normativa lingüística e tamén para utilizar unha linguaxe inclusiva. Na súa sesión de hoxe, celebrada a través dunha videoconferencia, os membros da Comisión foron repasando polo miúdo cada un dos artigos para propoñer as modificacións axeitadas.









Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650