Comisión sectorial II: sesión 1/21
Pestanas principais
A sesión 1/21 da Comisión sectorial nº 2, convocada para o vindeiro mércores, 27 de xaneiro, e adicada á presentación por parte dos seus autores do "Informe sobre o sistema de cuidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e de creación de emprego", estaba prevista de xeito presencial.
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do
Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa
condición de membro da comisión sectorial nº 2 ³Sector público e benestar
social², notifícaselle a convocatoria da sesión 1/21 da citada comisión
feita polo presidente da mesma, para o vindeiro mércores, 27 de xaneiro, ás
10:30 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de
Compostela), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Presentación da proposta de ³Informe sobre o sistema de cuidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e de creación de emprego², a cargo do equipo redactor dirixido pola profesora Raquel Martínez Buján.
- Valoración do informe e consideracións.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela
(*) De xeito excepcional, e dado que se trata da presentación do informe, a
sesión terá carácter presencial e celebrarase na sala do Pleno para garantir
todas as medidas sanitarias e de distanciamento pertinentes.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 56.94 KB | |
| 86.42 KB | |
| 1.17 MB | |
| 555.55 KB | |
| 381.39 KB | |
| 362.09 KB | |
| 241.33 KB | |
| 94.83 KB | |
| 130 KB |








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650