inicio - convocatorias - CS4 - Comisión sectorial IV: sesión 2/18

Comisión sectorial IV: sesión 2/18

Pestanas principais

data e hora: 
26/04/2018
orde do día: 

Asunto: convocatoria da sesión 2/18 da Comisión sectorial nº 4

De acordo co previsto na reunión anterior e conforme co artigo 30 de Regulamento de Réxime Interno do Consello, convócase a sesión 2/18 da Comisión sectorial nº 4, Memoria socioeconómica de Galicia, para o vindeiro xoves, 26 de abril, ás 11:00 horas *, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Análise da proposta de capítulo 2.- Mercado de traballo e relacións laborais da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2017.
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2018
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz

Notas:
­ * Aínda que a hora habitual de comezo das sesións é as 10:30 horas, por indicación da presidenta da Comisión cómpre retrasar un poco a inicio desta porque están tamén convocadas para esa mesma mañán dúas reunións do Observatorio demográfico de Galicia.

documentación da convocatoria: