Comparecencia en comisión parlamentar para presentar o orzamento do Consello para 2015
04/11/2014
A presidenta do CES, Corina Porro, compareceu diante da comisión parlamentar de Economía, facenda e orzamentos para explicar os presupostos do organismo para 2015. Cunha previsión orzamentaria practicamente igual á deste ano, Porro explicou que o Consello disporá dunhas contas axustadas e continuistas, coas que poderá cumplir satisfactoriamente coas súas funcións.
A presidenta fixo unha reflexión sobre o papel institucional do CES, o valor do diálogo, a participación e o consenso como método de traballo no organismo e reclamou dos parlamentarios certa complicidade co seu labor.
Na intervención, Porro repasou as últimas actividades emprendidas e explicou tamén os novos proxectos nos que xa se está a traballar, desde novos informes a xornadas de reflexión e estudio en materias socioeconómicas, ademáis de continuar coa colaboración europea no marco da Rede Transnacional Atlántica.









Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650